Friday, October 21, 2011

Galizia -Spagna - Charla-Coloquio sobre a Guerra Popular na India

Onte, no Centro Social Gomes Gaioso* de A Coruña tivo lugar unha Charla-Coloquio sobre a Guerra Popular na India organizada polo noso comité.
Unha quincena de asistentes escoitaron as palabras de introducción dun membro do Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India, que fixo un percorrido pola historia do movemento naxalita, dende o ano 1967 ata actualidade. Tivo un particular recordo para os camaradas Charu Mazundar e Azad asasinados polos corpos represivos do vello reximen reaccionario hindú.
Un animado coloquio que centrou-se nas perspectivas da revolución na India e no mundo pechou este acto, que valoramos dun xeito moi positivo.
Agradecemos moi particularmente as compañeiras e compañeiros do C.S. Gomes Gaioso pola sua colabouración na realización da mesma.

*Este Centro Social da Coruña, leva o nome do dirixente do Exercito Guerrilleiro de Galicia e dirixente do PCE, asasinado pola dictadura feixista, no 1948.

No comments:

Post a Comment